Logo Unión Europea
Background

Ofrecemos ao noso equipo de químicos unha saída produtiva á súa paixón pola química

A nosa historia

A nosa historia comeza no ano 2000, cando dous estudantes, Carme Pampín e Jacobo Cruces, estaban a piques de doutorarse no Departamento de Química Orgánica da Universidade de Santiago de Compostela. Estaban bastante absortos na súa investigación, pero dous profesores, Gabriel Tojo e Ramón Estévez, chamaron a súa atención cunha idea interesante. Coa axuda de Unirisco, unha asociación galega de capital risco, uníronse e crearon o proxecto GalChimia no 2001.

A identidade da empresa está enraizada nos nosos inicios, sendo o resultado das experiencias vitais dos fundadores Carme Pampín (Directora Executiva) e Jacobo Cruces (Director Científico).

GalChimia Blackboard
Carme Pampín

Carme Pampín

Co-fundadora e Directora Executiva

A nosa filosofía responde ao ambiente universitario onde concibimos a idea de GalChimia. A motivación científica deste esforzo entrelazouse coa vontade de innovar e ofrecer novas estratexias para satisfacer as necesidades dos clientes. Non obstante, a innovación non podería ser o noso único foco e, dende o principio, recoñecemos a importancia de establecer unha relación de confianza cos nosos clientes. Neste sentido, traballamos continuamente para integrar na nosa actividade diaria os demais valores que consideramos esenciais: comunicación, transparencia, compromiso e, por suposto, orientación ao cliente.

A nosa cultura

Icon Mission

Misión

Mellorar a sociedade a través da investigación en química orgánica.

Icon Vison

Visión

Converternos en líder internacional en química orgánica.

Icon Transparency

Transparencia

A nosa cultura baséase na honestidade e na confianza.

Icon Commitment

Compromiso

Traballamos xuntos para resolver os retos máis difíciles.

Icon Customer Focus

Orientación ao cliente

A nosa dedicación para ofrecer sempre a mellor solución.

Icon Innovation

Innovación

Xerando un ambiente positivo para o intercambio de ideas.

Icon Communication

Comunicación

A pedra angular sobre a que descansan todos os demais valores.

O noso equipo

Equidade de xénero: Contratamos profesionais polo seu talento

Formación continua en una variedade de competencias profesionais

Equipo estable: Ofrecemos á nosa plantilla estabilidade a longo prazo

Un equipo con talento e paixón pola química!

Ofertas de emprego

Se estás pensando en incorporarte ou continuar a túa carreira na industria e desexas demostrar a túa paixón pola química, non dubides en enviarnos o teu CV e a túa motivación para traballar con nós. Non sempre teremos unha praza para ti, pero gardaremos os teus datos e considerarémosche en tódalas oportunidades futuras que coincidan co teu perfil.

Photo Team
Ant

Antía Blanco

Directora de Recursos Humanos

O noso equipo está composto por profesionais con paixón pola química, que comparten os nosos valores e se identifican co noso modelo de negocio, que está marcado pola capacidade de aprender, a adaptabilidade e a mellora continua. Iso é o que buscamos cando captamos talento

Controller Financiero/a
Purification Chemist
Purification Chemist (Madrid)
Medicinal Chemist
Medicinal Chemist (Madrid)
R&D Chemist
R&D Chemist (Madrid)
research chemist
R&D Chemist

Programa Descubre

Programa de prácticas formativas en GalChimia (Galicia)

Sabemos o difícil que é comezar unha carreira profesional. Ofrecemos prácticas a estudantes e oportunidades de traballo a recentes titulados/as proporcionándolles a formación que necesitan para formar parte do noso equipo.

  • Descobre a experiencia de integrarte en un laboratorio de síntese no ámbito industrial.
  • Descobre o que significa traballar man a man cos grandes actores da industria farmacéutica.
  • Descobre se o teu futuro é como Químico de I+D traballando en proxectos de síntese con autonomía nun entorno de aprendizaxe continuo.

Non encontras unha oferta que se adapte ó teu perfil?
Non te preocupes!

En GalChimia valoramos o teu talento e queremos coñecerte mellor. Por favor, tómate un momento para responder unhas preguntas e deixarnos o teu perfil. Estamos emocionados de terte na nosa base de datos e poder contactarte nun futuro para oportunidades que coincidan coas tuas habilidades e experiencia!
Unirse a Galchimia