Logo Unión Europea
Background

Paixón pola química para expandir os límites da síntese orgánica

Química de Investigación

Deseño, avaliación e desenvolvemento de novas rutas de síntese. Amplía o teu departamento de I+D con GalChimia.

O noso equipo científico avalía as necesidades específicas de cada proxecto, tratando sempre de ofrecer a mellor solución para a túa empresa:

  • Avaliando o estado do arte,
  • Deseñando e desenrolando novas rutas de síntese, e/ou
  • Optimizando algunha xa existente.

Normalmente, os produtos solicitados non foron publicados na literatura e requiren un alto grao de innovación, o que se reflicte no desenvolvemento de novos métodos sintéticos. Podemos sintetizar pequenas librerías de entidades químicas mediante síntese en paralelo, microondas, fluxo e fotoquímica, entre outras técnicas.

GalChimia Laboratory
esteve logo

“GalChimia is an outstanding synthetic and medicinal chemistry CRO. They have a team of great scientists who like to work out challenging synthesis and to deliver novel compounds with high purity and high-quality analytical data. During our collaboration we have built up a strong relationship based on trust, commitment, easy communication and fruitful scientific discussions.”

Antoni Torrens – Esteve

GalChimia Laboratory

Química de procesos

Trasladamos os teus resultados do laboratorio á planta piloto. Optimiza o rendemento da túa produción química con GalChimia.

Traballamos cos nosos clientes para desenvolver novos procesos químicos robustos, fiables e rendibles para diferentes industrias ata chegar a planta piloto. O noso servizo inclúe:

  • Avaliación da propiedade intelectual
  • Deseño, selección e validación de rutas
  • Identificación de puntos críticos
  • Optimización de etapas individuais a través de DoE
  • Desenvolvemento de procesos
  • Desenvolvemento analítico
  • Identificación e síntese de impurezas
  • Transferencia íntegra da tecnoloxía ao cliente
Logo VivaCell

“GalChimia team fully understood our needs since the beginning. Their outstanding professionalism, flexibility, and appropriate advice have been key factors in the optimization of the chemical synthesis of our compounds.”

María Luz Bellido Cabello de Alba – Vivacell

Química Analítica

Dispoñemos dunha ampla variedade de técnicas analíticas

Proporcionamos soporte analítico completo tanto internamente como en resposta a solicitudes externas. Algúns dos nosos servizos estándar inclúen:

  • Caracterización completa de produtos químicos, acreditados cos correspondentes Certificado de Análise (CoA) e Folla de Datos de Seguridade (SDS) debidamente revisados e aprobados pola nosa Directora de Calidade
  • Avaliación, desenvolvemento e validación de métodos analíticos
  • Separación quiral e aquiral
  • Identificación de impurezas
  • Estudos acelerados de estabilidade (directrices ICH)
  • Test de calidade para disolventes e produtos químicos
GalChimia Laboratory
pangae logo

“GalChimia has been very responsive to our needs, providing quick feedback when needed and always available for discussion and expert advice. They have delivered in a timely and professional manner, and showed a great deal of expertise.”

Andrea Sáez – Pangaea Biotech