Novos medicamentos contra o cancro: desenvolvemento de terapias e tratamentos combinados dirixidas a diferentes obxectivos terapéuticos
GalChimia forma parte do proxecto Neogalfarm. O seu obxectivo é a identificación de novos tratamentos para a oncoloxía, utilizando novas dianas terapéuticas e terapias combinadas. O proxecto xurdiu dunha colaboración entre AMSlab, NANOGAP, Oncostellae e varios grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela (IDIS) e LEITAT.
Este proxecto foi concedido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través do Programa Conecta Pyme, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (Xunta de Galicia). O orzamento total é de 1.076.339,63 euros.