Aplicación industrial de protocolos para a desintoxicación de mexillóns e pectínidos mediante procesamento ou purificación con axentes microencapsulados. Uso da nanotecnoloxía para anticipar a contaminación en “batea”.
Xunto coas empresas Pescados Marcelino, Paypay, Mariscos Veiro, Depuradora de Moluscos La Sirena e os centros tecnolóxicos Anfaco-CECOPESCA e o International Iberian Nanotechnology Laboratories (INL), GalChimia participa no Proxecto MytiTox. O obxectivo do proxecto é a implantación de estratexias industriais para diminuír ou eliminar a carga de toxinas en mexillón e pectínidos empregando produtos activos microencapsulados. Este proxecto foi subvencionado polo Centro para el Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), a través do Programa FEDER INNTERCONECTA 2015 para o fomento da cooperación rexional en investigación e desenvolvemento, e apoiado polo Ministerio de Economía y Competitividade. Orzamento total do proxecto: 1.461.272 euros.
Fondos Feder – Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014 – 2020.
Comunicación e Difusión
- Artigo Adsorption of Pharmaceutical Pollutants from Water Using Covalent Organic Frameworks, publicado en Chem. Eur. J. 2018, 24(42), 10601-10605. DOI: 10.1002/chem.201801649
GalChimia agradece a todos os membros e colaboradores do proxecto Mytitox a súa implicación e traballo, que foron claves para obter os resultados.