Descubrimento e Desenvolvemento de Novos Inhibidores de Monoamino Oxidasa A para o Tratamento de Cáncro de Próstata Resistente á Castración
O cáncro de próstata é o segundo cáncro máis común en homes a nivel mundial, a súa progresión demostrou ser altamente dependente dos andrógenos (testosterona). É por elo que a terapia de privación de andrógenos é unha opción habitual como tratamento de primeira liña; sen embargo, os pacientes tienden a evolucionar cara a un estado coñecido como cáncro de próstata resistente á castración (CPRC), para o cal o número de opcións terapéuticas é moito máis limitado.
A monoamino oxidasa A (MAO-A), unha enzima ben coñecida na regulación de neurotransmisores, tamén se sobreexpresa en gran medida no cancro de próstata e, polo tanto, a inhibición da MAO-A pode representar unha estratexia novedosa para o tratamento de CRPC. Se ben existen varios inhibidores de MAO-A que se usan clínicamente en enfermedades do sistema nervioso central, ningún deles teñen características aceptables para o seu uso terapéutico en cáncro de próstata. O obxectivo xeral deste proxecto é o desenvolvemento do primer inhibidor selectivo e competitivo da MAO-A con baixa penetración na barreira hematoencefálica para a súa aplicación no tratamento do CPRC.
O proxecto combina a experiencia da PEME GalChimia, empresa especializada en servizos de descubrimento de fármacos para a industria farmacéutica, coa innovadora plataforma de cribado do grupo BioFarma da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O orzamento global do proxecto ascende a 1.109.846€ e está financiado polo programa COLABORACIÓN PÚBLICO-PRIVADA 2021 do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI) con fondos Next Generation EU da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.