GalChimia é membro do consorcio Humanfarma, cuxa meta é atopar novos compostos activos para o desenvolvemento de fármacos usando investigación translacional directamente en mostras de pacientes. O proxecto, que ten un orzamento de €4.1 M e foi parcialmente financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade baixo o subprograma INNPACTO, implica tamén a participación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Parque Científico de Barcelona (PCB) e tres compañías de biotecnoloxía: Oryzon Genomics, Vivia Allosterics e Vivia Biotech, coordinadora do proxecto.
Comunicación e Difusión
- Artigo Discovery of V-0219: A Small-Molecule Positive Allosteric Modulator of the Glucagon-Like Peptide-1 Receptor toward Oral Treatment for “Diabesity”, publicado en J. Med. Chem. 2022, 65(7), 5449–5461. DOI: 10.1021/acs.jmedchem.1c01842 (Open Access)
GalChimia agradece a todos os membros e colaboradores do proxecto Humanfarma a súa implicación e traballo, que foron claves para obter os resultados.