Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade completa pulsando aquí.
Por que GalChimia
Equipo
O noso maior activo son as persoas.
En GalChimia contamos cun equipo formado por máis de 50 profesionais con ampla experiencia nas industrias farmacéutica e biotecnolóxica, CMOs e outras empresas de servizos, así como no mundo académico. Máis do 50% do noso equipo científico ten un doutoramento en Química Orgánica e os/as nosos/as Project Managers posúen máis de 10 anos de experiencia nesta industria.
Sabemos que ter unha plantilla satisfeita tradúcese en excelentes resultados para os nosos clientes, polo que nos esforzamos por xerar un bo ambiente de traballo. O resultado? Máis do 30% do noso persoal leva con nós máis de 10 anos.
Ao fin e ao cabo, todos compartimos a mesma paixón pola química!
“GalChimia’s high expertise and capabilities in organic and medicinal chemistry provide a very strong leverage for any company who is looking to designing novel compounds. In HQL we found GalChimia’s team professionalism, responsiveness and straightforward honesty a powerful stronghold that enabled us to ride the rollercoaster of drug discovery with a real sense of partnership.”
Tal Parnes – HQL Pharmaceuticals
Dirección
Calidade
GalChimia é un centro de excelencia para a investigación química. A nosa organización segue o estándar ISO 9001: 2015 como base para os procesos de Xestión de Calidade. A nosa Directora de Calidade é responsable de asegurar que tódolos produtos son sintetizados e analizados co maior respecto aos procedementos, requisitos e especificacións relevantes.
de formación ao ano
anos de experiencia
acreditación Crédit d’Impôt Recherche
produtos entregados cada ano
taxa de éxito consistente
clientes recorrentes
Instalacións e Equipamiento
3
centros
1500
m2
35
Campás extractoras
2
Laboratorios analíticos
HPLC, HPLC-MS, UPLC-MS, GC-MS, SFC
NMR (up to 750 MHz), Karl-Fischer, TGA
6
Laboratorios de síntese
Reactores en paralelo, Microondas, Reactores alta presión, Fluxo Continuo, Fotoquímica
Purificación
Cromatografía flash automatizada (normal e reversa), prep HPLC e SFC
2
kilo labs
10L
Reactores
Planta piloto
ata 500L
Innovación
GalChimia fomenta a innovación como unha ferramenta para a mellora continua. Somos unha empresa comprometida co investimento en equipos de última xeración, adoptando tecnoloxías facilitadoras esenciais (KET) e contribuíndo ao progreso da química orgánica. A través da nosa carteira de proxectos de I+D, podemos explorar aplicación novas e estender o noso coñecemento, o cal ten un efecto positivo nos proxectos dos nosos clientes.
Foco
A innovación está no noso ADN. Reinvestimos o 10% das nosas vendas en actividades de I+D, internas ou en colaboración.
I+D
Temos un equipo experto de profesionais que desenvolven novos métodos e implementan novas tecnoloxías de síntese.
Equipos
Cun investimento de máis de 2 M €, mantemos os nosos laboratorios equipados con tecnoloxía de última xeración.
Sectores
Ao explorar novas aplicacións da química orgánica, podemos ofrecer solucións a un maior número de sectores.
Colaboracións
Colaboramos con líderes mundiais de industria e academia para resolver retos actuais e futuros.