Sustentabilidade

1    Rendibilidade

A rendibilidade é unha condición esencial para garantir a sustentabilidade da Organización e tamén é o reflexo dunha correcta xestión. A rendibilidade, máis aló de ser un fin en si mesmo, é froito do traballo ben feito.

2    Innovación e Mellora continua

A innovación en GalChimia non é só un proceso, é unha cultura. Melloramos os nosos procesos, produtos e servizos, aportando valor diferencial ao cliente. A responsabilidade da innovación recae sobre todo o equipo, avanzando cara unha filosofía de mellora continua.

3    Reinversión

A nosa vocación non é só a rendibilidade a curto prazo senón tamén a aposta pola sustentabilidade, polo que gran parte dos beneficios obtidos da nosa actividade son reinvestidos na optimización de infraestruturas, tecnoloxías e a incorporación de novo talento.

4    Optimización de recursos

En GalChimia, tratamos de optimizar os recursos a tódolos niveis, a través de avaliacións e diagnósticos periódicos que nos permiten manter os máis estritos estándares de calidade, evitando o despilfarro tanto dende o punto de vista financeiro como ambiental.

Desenvolvemento Persoal

5    Desenvolvemento das persoas

Fomentamos a creación dun ambiente motivador e participativo onde o equipo poida desenvolverse poñendo en práctica as súas habilidades e onde os seus intereses estean aliñados cos obxectivos da empresa.

6     Xestión do talento

Os nosos equipos están altamente cualificados e motivados para afrontar os retos que nos presentan os nosos clientes. Para iso, GalChimia conta cunha longa traxectoria de captación e xestión do talento, apostando polo desenvolvemento do equipo humano, a súa motivación e o seu compromiso.

7    Igualdade de oportunidades

Cremos e ofrecemos igualdade real de oportunidades independentemente da raza, crenzas, cultura ou xénero. Valoramos as persoas polas súas habilidades, o seu rendemento e o seu potencial individual ou colectivo, e comunicamos externa e internamente o noso compromiso coa igualdade e a non discriminación.

8    Participación dos traballadores

A comunicación, o compromiso e a transparencia forman parte dos nosos valores, por iso entendemos a participación dos traballadores como un elemento necesario no noso proceso de mellora e crecemento continuos, tanto a nivel individual como colectivo e empresarial.

Calidade

9    Satisfacción do cliente

O noso obxectivo é lograr a satisfacción do cliente entendendo as súas necesidades e expectativas, así como mellorando cada proceso para que os nosos produtos e servizos cumpran os requisitos e reflictan o noso bo facer.

10    Mellora continua do sistema de xestión

Aseguramos a calidade dos produtos e servizos que ofrecemos mediante un sistema de xestión adaptado ás necesidades da empresa, que nos permite anticiparnos aos problemas e aprender dos erros mediante avaliacións e revisións periódicas.

11    Comunicación

Máis aló da elaboración e implantación de políticas encamiñadas á defensa dos nosos valores, á mellora continua ou ao respecto ao noso marco legal e normativo, comunicamos estas políticas interna e externamente para promover o coñecemento, o respecto e a concienciación destas materias.

12   Seguridade da información e Protección de datos persoais

Implementamos medidas de seguridade e protección de datos persoais adecuadas ás directrices do RGPD, así como para garantir a protección da información confidencial e de segredo empresarial.

Seguridade e Saúde Laboral

13    Garantir un ambiente de traballo seguro e saudable

Comprometémonos a protexer aos nosos empregados, por iso promovemos a concienciación e a cultura preventiva no traballo por parte dos empregados, contratistas ou outras persoas relacionadas coa nosa actividade empresarial.

14    Prevención e minimización de riscos

Traballamos activamente na identificación, avaliación e establecemento de medidas de control de riscos inherentes ao noso traballo, das que informamos e nas que formamos a cada un dos membros do equipo para que adopte todas as medidas para a súa prevención.

15    Vixilancia da saúde dos traballadores

A saúde das persoas constitúe un obxectivo fundamental para favorecer o benestar, tanto físico como mental, polo que se realiza unha vixilancia da saúde, adaptada aos protocolos específicos de Medicina do Traballo, garantindo o control da saúde de todo o equipo.

Medio Ambiente

16    Minimización de impactos ambientais

Promovemos a reciclaxe, a reutilización de materiais e a redución de residuos, procurando que os nosos procedementos de traballo estean integrados para compatibilizar o desenvolvemento das nosas actividades coa conservación do medio ambiente.

17    Sensibilización medioambiental de empregados e outros axentes

Informamos, formamos e sensibilizamos ao noso persoal para conciencialos da súa responsabilidade na mellora do medio ambiente, fomentando a súa participación nos nosos obxectivos ao respecto mediante o correcto desempeño das súas funcións.

Responsabilidade Social

18    Contribución ao desenvolvemento económico e social

Coa actividade de GalChimia buscamos fortalecer o tecido socioeconómico da contorna, contribuíndo á xeración de emprego e o desenvolvemento económico e social mediante servizos útiles, necesarios e sostibles.

19    Goberno corporativo

Estamos ao servizo dos nosos clientes, comprometidos coa sociedade, o medio ambiente e a saúde dos nosos traballadores, respectando o marco legal e normativo establecido para cada caso, cumprindo o disposto nestas materias e mantendo unha relación de diálogo e colaboración cos organismos competentes.

20    Desenvolvemento de alianzas

Buscamos e establecemos alianzas con clientes/provedores/colaboradores/competidores para acadar obxectivos comúns, apoiándonos mutuamente coa nosa experiencia, recursos e coñecementos, co fin de mellorar os servizos prestados.

21    Cumprimento normativo

Implantouse o programa de Compliance, que nos permite previr e controlar a produción de actos ilícitos dentro da organización.