As nosas liñas de negocio están directa e necesariamente vinculadas coa innovación, xa que a nosa actividade baséase na oferta de servizos de investigación a industrias que se atopan en constante evolución como son a farmacéutica ou a agroquímica. O noso elemento diferencial foi sempre o de ofrecer servizos que se adapten (senón excedan) as expectativas e necesidades dos nosos clientes.
A innovación, ademais dun valor, converteuse en GalChimia nunha peza clave da nosa cultura, tendo así un impacto profundo na organización ao xerar un ambiente favorable para o debate e o desenvolvemento de novas ideas. O eido da química orgánica está en constante evolución, e nós tamén. Así, recoñecemos a importancia de coñecer o estado da arte, de explorar novas reactividades, de desenvolver novos métodos tanto de síntese como de análise, de probar novas tecnoloxías, de formar aos nosos investigadores, de intentar chegar a ese espazo químico inexplorado, de participar na comunidade científica e de establecer colaboración con centros de referencia e/ou empresas líderes. A innovación non son eventos illados, é o resultado dun proceso continuo de revisión, é o desexo de mellorar por nós e, en consecuencia, para o beneficio dos nosos clientes.
O noso afán por innovar reflicte o noso compromiso coa ciencia e a industria química. Ademais, a innovación complementase necesariamente con outros valores corporativos, dando lugar a propostas novas que permiten mellorar o servicio ao cliente. Dende GalChimia, traballamos para transmitir a nosa disposición positiva cara os cambios, manténdonos sempre alerta e en vixilancia tecnolóxica nos nosos eidos de traballo.