Co afán de reforzar o noso cumprimento normativo, implantamos un programa de Compliance composto por diversas políticas e protocolos corporativos aplicables ás distintas áreas organizativas e empresariais de GalChimia. Aliñada co noso compromiso de mellora continua, a implantación do Compliance servirá para favorecer o comportamento ético da organización, reforzando a calidade dos servizos prestados.
Co fin de reforzar a reputación e prestixio que GalChimia vén construíndo dende a súa constitución, este programa de Compliance é un exemplo máis das boas prácticas e do compromiso coa excelencia que forma parte do espírito de GalChimia. Dentro do programa de Compliance, implantouse un Modelo de Prevención e Control que supón unha garantía de observancia dos deberes de supervisión e control.
Ademais, desenvolveuse un Código Ético que recolle os principios de actuación de GalChimia nas súas actividades ordinarias, tanto internas como nas súas relacións con terceiros, articulando un deber de prevención e control dentro da entidade que se corresponde coas obrigas legais impostas pola normativa vixente.