Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade completa pulsando aquí.
Colaboracións
Proxectos I+D
GalChimia colabora en proxectos innovadores con líderes mundiais de diversos sectores: química fina, nanotecnoloxía, bioquímica, agroquímica, materiais, alimentación, e biotecnoloxía, ademáis da industria farmacéutica.
Alianzas Tecnolóxicas
Somos testemuñas da crecente complexidade dos procesos químicos. Para ofrecer solucións eficientes e integrais, GalChimia estableceu unha rede de socios a través de diferentes modelos de negocio, dende unha agrupación de interese económico (AIE) ata colaboración baseadas na confianza e complementariedade de servizos.
GalChimiApplus
GalChimiApplus é a nosa agrupación de interese económico (AIE) con Applus +, unha empresa que traballa coas industrias química, farmacéutica e biotecnolóxica ofrecendo servizos integrais de proceso industrial. Xuntos, ofrecemos solucións enfocadas á redución de tempos, custos e riscos na fabricación de todo tipo de produtos químicos. A planta piloto opera en condicións GMP seguindo normas ICH-Q7.
Hypha Discovery
Hypha Discovery é unha CRO especializada que apoia a empresas farmacéuticas e agroquímicas de todo o mundo a través da produción de metabolitos e derivados de medicamentos e agroquímicos en fases avanzadas de descubrimento e desenvolvemento.
Reach Separations
Reach Separations está especializada en métodos cromatográficos para a análise e purificación de pequenas moléculas. O seu equipamento avanzado en tecnoloxías de HPLC e SFC complementase co noso Departamento Analítico para apoiar de xeito eficaz aos nosos clientes nos sectores farmacéutico, agroquímico e de química fina.