Desenvolvemento de moléculas liberadoras de monóxido de carbono para o tratamento do íleo postoperatorio
A compañía de biotecnoloxía Alfama, con centros en Lisboa e Boston, é líder mundial en moléculas liberadoras de CO (CORMs), compostos cunha potente actividade vasodilatadora. GalChimia formou unha alianza con Alfama para desenvolver CORMs aplicados ao Ileus Postoperativo (POI), unha condición médica que se orixina normalmente en pacientes que sufriron cirurxía; a experiencia sintética de GalChimia complementa o profundo coñecemento biolóxico de Alfama sobre CORMs.
O proxecto recibiu financiación do Programa Europeo Eurostars para pemes.
GalChimia agradece a todos os membros e colaboradores do proxecto CORMPOI a súa implicación e traballo, que foron claves para obter estes resultados.