“Light emitting nanomolecules for biomedical diagnostics applications (LENBDA)”
O proxecto LENBDA está dirixido a estudar o uso industrial dun sistema de detección de biomoléculas baseado en nanoemisores luminescentes altamente específicos. O sistema está deseñado para ofrecer unha solución completa para a detección de biomoléculas de maneira específica e libre de interferencias. Para lograr esta meta, desenvolverase un prototipo completamente funcional do kit de diagnóstico para o seu uso en laboratorios de patoloxía que non requira equipos adicionais. Na etapa final, o proxecto será validado contra liñas de células tumorales presentes en bancos de tecidos.
O proxecto foi financiado polo Goberno de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do subprograma ConectaPEME. O financiamento total concedido foi de 161.622,94€.
GalChimia agradece a todos os membros e colaboradores do proxecto LENBDA a súa implicación e traballo, que foron claves para obter estes resultados.