Logo Unión Europea

SHIKIFACTORY100: Fábricas modulares para a produción de 100 compostos a partir da vía SHIKIMATE

R&D Project

Un esforzo colaborativo para promover a competitividade da UE en bioloxía sintética

O proxecto Horizon2020 ShikiFactory100 xunta a 11 socios de 7 países: SilicoLife (Portugal), Technical University of Denmark, European Molecular Biology Laboratory (Alemania), École Polytechnique Fédérale de Lausanne (Suiza), Universidade NOVA de Lisboa (Portugal), University of Manchester (Reino Unido), Universidade do Minho (Portugal), c-LEcta (Alemania), GalChimia (España), NNFCC (Reino Unido) e DSM (Holanda).

O proxecto proporcionará procesos biotecnolóxicos sostibles e económicamente viables como alternativas aos procesos baseados en derivados do petróleo. A industria química global iniciou unha transformación crucial de procesos petroquímicos a procesos de biosíntese. O proxecto ShikiFactory100 aspira a producir un conxunto de máis de 100 productos de alto valor engadido obtidos pola la ruta do shikimato, un importante nó no metabolismo celular, a través do desenvolvemento dun conxunto enzimático optimizado e a proposta e implementación de novas rutas biosintéticas para a producción de moléculas tanto novas como coñecidas.

Fai click aquí para visitar a web do proxecto

Este proxecto recibiu financiación do Programa de I+D Horizonte 2020 da Unión Europea baixo a subvención número 814408.

Logo SHIKIFACTORY 100

GalChimia agradece a todos os membros e colaboradores de SHIKIFACTORY100 pola súa implicación e traballo, que están a ser claves para o éxito do proxecto.

Logo Galchimia letters

Subscríbete para estar ao tanto dos últimos avances en síntese orgánica e da boa química de GalChimia

     "*" obrigatorio

    Estou de acordo e acepto a política de protección de datos