Inculcada pola Dirección e fomentada polo equipo, o Compromiso reflicte a implicación do persoal coa compañía e, con elo, a súa contribución persoal ao éxito de cada proxecto.
Para GalChimia, Compromiso significa satisfacción, orgullo de pertenza e vínculo cunha empresa cuxo valor reside na aportación e coñecemento dos seus colaboradores. Somos conscientes de que este compromiso está directamente vinculado coa excelencia no servizo aos clientes e por iso traballamos para fortalecer o vínculo de cada un dos profesionais que forman GalChimia cunha cultura e valores sólidos. O noso compromiso con calquera proxecto vai máis alá de percorrer o camiño máis sinxelo ou de producir un resultado “aceptable”, o noso equipo asegúrase de valorar todas as posibilidades e asesorar ao cliente sobre a mellor ruta para acadar os seus obxectivos da maneira máis eficiente.
Pero, qué significa para GalChimia o Compromiso? Significa contar cunha figura de Responsable de Recursos Humanos que apoia aos mandos intermedios na xestión de equipos, e axuda á organización a reconsiderar as condicións de traballo e beneficios para favorecer o benestar no noso día a día. Tamén significa consolidar un equipo de grandes profesionais a través de contratacións estables e proxectos retadores. Significa contar co “Día de GalChimia” para celebrar, cada ano, que nos sentimos orgullosos de formar parte deste proxecto e que somos un equipo que non deixa de crecer. Significa traballar xuntos nun proxecto común.