Os Premios á Excelencia Académica do Grao en Química da USC recoñecen o compromiso e esforzo do estudantado da Facultade de Química
O pasado mes de xullo, a nosa CEO Carme Pampín Casal tivo o pracer de acudir ao Acto de Graduación na Facultade de Química da Universidad de Santiago de Compostela e participar na entrega dos Premios á Excelencia Académica de Grao.
Con estes galardóns, tres das empresas xurdidas da actividade investigadora da facultade, GalChimia, Mestrelab Research e NANOGAP, distinguen o compromiso coa formación e o esforzo continuo do alumnado do centro, ademais de incentivar a mellora continua na súa formación, promovendo a calidade, a competencia, e a igualdade de oportunidades.
Os nosos parabéns a Lourdes Sanmiguel, David Montoto e David Alvar por este merecido recoñecemento, e moita sorte no voso futuro como profesionais da química!